Dende o primeiro momento no que as vin non parei de pintar a mona... Esa é a miña especialidade... ou iso me din! Con só velas ledas para min xa merecían a pena tódalas parvadas que andaba facendo...
Decidimos ir tomar algo de relax... Pero o relax non implicaba aburrirse... Para nada! A verdade é que debiamos ter algunha confusión co termo relax... Eu que sei...
O conto é que fomos a un lugar no que nunca estivera antes... E había comida... Ainda non facía unha hora que ceara e xa estaba pensando de novo na comida... Vaia obsesión!! Pedín xelado... vainilla e... FRESA, claro! Estaba boísimo pero... aquelas croquetas que olláramos nada máis entrar chamaban por min!
Entre a boa pinta que tiñan e entre que a toliña de Leti non deixaba de recordarmo... rematei facendo das miñas!
Xa marchabamos despois de botarnos unhas risas lembrando anécdotas... Mira que é divertido lembrar eses momentos de tolemia... E chegando ás famosas croquetas dixen: a por elas! Alá fun... coa capacidade de disimulo que me caracteriza... Leti murmurándome:"o camareiro... o camareiro... " Pero nin caso! Eu toda chea de razón collín unha croquetiña e seguín cara á porta toda rufa... Que animaliña!
Pero... HORROR!! O camareiro seguíanos ata a saída... Mimadriña, mimadriña!! E se resultaba que lle tiña que devolver a croqueta? Eu sempre coas miñas xeniais ideas... "Esperen un momento, señoritas!" Xa non sabía que facer... nin onde agachar a proba do delicto... e iso que era ben pequecha! Caras de pánico... ou polo menos a miña debía de selo...
O camareiro ábrenos a porta... estaba pechada... "Tampouco son tan feo como para que vos asustedes..." dixo cando xa me estaba entrando a min unha paranoia das miñas... Aí estaba eu, pillada in fraganti pero... coa croqueta conmigo, iso si.
E habería que probala, non? E compartila claro... non era moita cousa, pero para saboreala chegaba... A verdade? Estaba fría... non, fría non... como se acabara de sair do conxelador... E o peor non era iso... O peor foi que era conxelada!! Tanto sacrificio para nada... Se xa mo din moitas veces... Sarna con gusto non pica!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario