viernes, 12 de septiembre de 2008

Pasar páxina...

Era o conto de nunca acabar... Ou polo menos iso sentía el. Era como estar nunha noria en funcionamento... Sempre dándolle voltas o mesmo tema. E sentíase mal, porque necesitaba pasar páxina. Ou non?? Ás veces nin el sabía o que quería... Como lle fastidiaba iso...

Intentaba voltar a ser el, pero as lembranzas sempre podían máis. A quen intentaba enganar? No fondo sabía que non pasaba páxina porque non quería, porque debía crer que sempre era mellor lembrar que esquecer. E odiábase a el mesmo. Por ser asi, tan teimudo. Teimudo para o que quería, a verdade. Se tanto lle custaba esquecela sería porque o seu corazón aínda sentía algo...

Foran moitos anos, si... E tamén moita dor, moita decepción... A pesar diso pensaba nela constantemente... Non o entendía... ou si, e quería enganarse dicíndose que eso era o pasado. Entón... se era pasado por qué diaños seguía atormentándose?? Se a seguía querendo como era que non o falaba con ela?? Por medo quizáis... Por orgullo... Nin el o sabía.

Martiño estaba canso desa situación... Quería baixarse desa noria dunha vez! Non lle gustaban as voltas e desa vez dera tantas que rematara mareado. Martiño comezou a plantexarse cousas... Ó mellor o que necesitaba era pasar da teoría á práctica... Pasar de querer esquecer a esquecer...

No hay comentarios: