viernes, 12 de septiembre de 2008

Olor a mar...



Nunca pensara que ía botar tanto de menos o mar como daquela vez... O primeiro que fixo despois de deixar a maleta na casa foi marchar correndo para a praia. Non había un día moi bo, iso era certo... pero dáballe completamente igual. Tiña morriña do mar... do ir e vir das ondas, dese olor, da brisa...

Descalzouse e sentiu un calafrío que lle percorreu todo o corpo...Que quentiña estaba a area!! Soterrou os seus pes e ficou alí un segundos.Vaia tranquilidade... Sorriu como facía tempo que non sorría... E sentou de cara ó horizonte. O vento enguedelláballe o cabelo e achegáballe de novo ese olor a mar... Ese olor que lle lembraba todas as súas correrias pola praia na nenez... E volveu a sorrir... E o sorriso non se lle foi, acompañouna en todo momento.

O mar estaba bravo... Gustáballe esa furia e non sabía porqué. A escuma das ondas bañáballe os pés... A auga estaba fría, pero botaba de menos esa sensación de frescor...

Mirou o reloxo... o tempo pasáraselle ben decontado.Se por ela fose quedaríase alí todo o día... pero era a hora de xantar. Botou unha ollada a toda panorámica e comezou a camiñar de volta á casa. Marchou, pero marchou coa satisfacción de saber que non tardaría en volver alí.

No hay comentarios: