viernes, 12 de septiembre de 2008

Incertidume...

Riing, riing... O espertador soou á hora prevista, a pesar de que ela pensaba o contrario. Parecíalle cedo, demasiado cedo; quizáis porque non durmira todo o que lle gustaría. Deixouse estar na cama aínda un bo anaco. Como lle custaba erguerse!! Tentou organizar mentalmente o día e ata que o conseguiu non se desfixo das sabas.

Foise á ducha con poucas ganas. Necesitaba espabilarse... máis que nada porque lle esperaba un día bastante longo...

Almorzou abundantemente, pero a verdade é que non tiña moita fame. Tomouse o seu tempo, como para autoconvencerse a sí mesma de que xa estaba esperta. Comezou a matinar en mil cousas, mentres remataba o zume, o café, as torradas... Tiña a sensación de que xa vivira iso antes... E doulle por mirar o reloxo: chegaba tarde.

A súa primeira reacción foi coller o móbil e avisar de que se retrasaría. E seguiu almorzando tranquilamente... Estaba a ter un día lento. Custáballe seguir o seu ritmo habitual de vida... Sentíase rara e non daba atopado a razón de porqué se sentía así...

Ergueuse saboreando aínda a última torrada e limpou a mesa. De súpeto, como se recibira un aviso do máis alá, entráronlle ás presas. Colleu o bolso ás carreiras e foise... Foise, sen decatarse de que deixara as chaves na casa, postas na porta.

Media hora máis tarde do previsto, chegou a súa cita cunha mañá chea de ires e vires, de extrés... Unha mañá desas ás que ninguén lle apetecía ter, pero que era irremediable evitalas, porque tarde ou cedo acababan aparecendo. Unha mañá que marcaría o inicio cara unha nova etapa na súa vida... Esa mañá que esperaba lembrar como o momento no que comezaría a perder o medo a esa incertidume que a perseguía... A incertidume do futuro, do seu futuro...

Non estaba a ter un bo día, a pesar de que tentaba manter ese optimismo que a caracterizaba. Unha mala sensación percorría o seu corpo, a súa mente... un mal presentimento.

Rebuscou no bolso as chaves... Tiña a impresión de que as esquecera nalgún lugar... E fixo memoria... Tentou reconstruir todos os movementos que fixera ó longo do día e chegou á conclusión de que deixara as chaves na casa. Non podía ser!! Vaia despiste... Se xa sabía ela que ese non ía ser o seu mellor día...

Pero... non todo estaba perdido... Aínda quedaba a posibilidade de que a súa amiga e compañeira de piso se levase para o traballo as súas chaves... Aínda cabía esa posibilidade... Chamouna por teléfono para certificarse de que o despiste non fora para tanto...

Para tanto ou para máis... Deixara as chaves postas por dentro e a chave era de seguridade... Como tiveran que chamar a un cerraxeiro... Convocou un gabinete de crise inmediatamente... Había que buscar unha solución rápida, sinxela e económica xa.

Vaia mañanciña... Definitivamente, inesquecible... Despois de darlle varias voltas ó problema decidiron ir probar sorte... Ir mirar se a porta abría igual coa outra chave... Decidiron xogarlle un pulso á suposta seguridade das chaves...

Cuns nervios que non deixaron de acompañalas durante todo o camiño chegaron á porta do piso. Cruzaron os dedos, miráronse... desexaron no máis profundo dos seus seres que a porta se abrise... polo seu ben... e polo dos seus petos.

No hay comentarios: