
Frío... Un frío que se te metía no corpo, que por momentos te cortaba a respiración... Iso era o que sentías... Un frío intenso, que te facía palidecer, mesmo cando te atopabas nunha estancia con temperatura agradable para os demais... Pero para ti non... Un frío raro, que non deixaba de acompañarte, que loitaba contra o abrigo, a bufanda, as luvas... Porque si... era un frío de abrigo... Deses que deixan as meixelas coloradas ó igual que o nariz... Un frío madrugador... Que provoca dor de cabeza e calafríos... moitos calafríos... Un frío de enfermidade, mesmo podía ser.
Un frío que só te deixaba pensar en ir a camiña... en entrar en calor para esquecerse dos calafríos, das mans conxeladas, dos ollos chorosos... Un frío de... "Non me apetece erguerme"... Un frío moi frío... que case non te deixaba pronunciar palabra... Que te mantiña en vilo ata nos momentos de descanso... Momentos que non eran tal.
Frío triste, amargo... que te obsesionaba, que querías desterrar do teu corpo, da túa mente... Que te facía botar de menos a calor... Un frío físico, pero tamén psicolóxico...
Un frío que non te deixaba durmir...

No hay comentarios:
Publicar un comentario