Soñei que estaba en Vigo, si; concretamente no cuarto da lavadora do internado. Soñei que perdera o tren e que tivera que volver ata alí; soñei que en realidade non me importaba voltar á casa. Soñei que, con imaxinación, construiamos un barco pirata na habitación de Tamara e que ela collía un pau dunha fregona para facer unha espada. Soñei que pasabamos unha noite divertida entre sorrisos e a pizza que nos deran ás agachadas as cociñeiras, que tanto agarimo nos tiñan. Soñei que fora unha noite de lenda, como aquela na que nos meteramos no xardín de noite para coller "prestada" unha flor de cada especie. Soñei que estaba en Vigo e gustoume o que soñei...
Palabras elixidas: Vigo, lavadora, internado, tren, pirata, fregona, pizza, agarimo, lenda, flor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario