miércoles, 7 de abril de 2010

MicroRelato Mary II

Ben sei que estás farta de toda esta situación! Ainda menos mal que os amigos de verdade che dan amor, pero é unha milésima parte de todo o amor que necesitas e te mereces. Ben sei que a hipocresía non é o teu, que sempre vas por diante, de fronte... E iso faime sentirme moi orgullosa de ti! Sei tamén que, ás veces, pensas que sería mellor ser cativo e non medrar nunca máis. Eu quérote moitísimo, sempre poderás contar comigo, que o teñas ben claro!! Pensa que nunhas horas estarás toda nerviosa nun avión rumbo a Londres; pensa que durante uns días poderás ser feliz e desfrutar, ainda que sexa un pouquechiño da festa... Pero tampouco esquezas que te botarei moito de menos, mona!! ;)

Palabras elixidas: farta, amigos, amor, hipocresía, cativo, quérote, avión, Londres, festa, mona.

No hay comentarios: