O de ser simpático xa lle viña de fábrica. Gustábanos escoitar a ledicia coa que contaba as súas andainas por Malta e Londres; cada anédota soaba sempre como se fose a primeira vez que a contaba. Que boas eran as reunións entre amigos, amenizadas con licor café, que sempre organizaba!! Pero como el dicía: o pioriño era erguerse ó día seguinte para ir ó ximnasio ou á facultade! Sempre comparaba o erguerse cedo coa tarefa de dobrar a roupa ou con montar nos barcos... Era visto que ningunha destas tres actividades lle chistaban moito.
Palabras elegidas: simpático, ledicia, Malta, Londres, amigos, licor, ximnasio, facultade, roupa, barcos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario