Eras o primeiro que sempre se animaba a saltar, houbese a altura que houbese... Nunca o pensabas dúas veces. E sentías que o tempo se detía cando con calquer cousa te sentabas a xogar... Desfrutabas contándolle os cráteres á lúa, víaste capaz de voar onda ela e sorrías pensando que ela tamén te sorría. Non había nada, nada que ti non puideses facer... aquela vez cando eras un cativo.
E quixeras poder volver a soñar, e quixeras poder volver a crer que o mundo debería ser un lugar moito mellor... E quixeras poder volver a sentirte ceibo, e quixeras poder pretender que a vida só te mostrase bos momentos como aquela vez cando eras un cativo.
Aquel era un tempo no que confiabas en todos e en cada un. Non había un lugar a onde non quixeras ir... Podías perder o tempo en cousas que agora nin se che pasarían pola cabeza... Ai! Aquela vez cando eras un cativo!
E pensas que sería fantástico recuperar os soños perdidos, e pensas que estaría moi ben iso de crer que o mundo é un lugar mellor... E pensas que quizáis necesitases sentirte ceibo como daquela, e proposte intentar pretender que a vida só te mostre bos momentos... como aquela vez cando eras un cativo.
Por veces, gustaríate sentirte de novo pequecho, sentirte como un cativo... E poder dicir aquelas palabras máxicas e trasladarte a ese mundo máxico que, en ocasións, tanto precisas... Por veces, a túa imaxinación rememora eses bos momentos que a vida te mostraba de cativo e consegues sentirte un pouco mellor.
E é entón cando pides con forza ter máis e máis ganas de soñar... E é entón cando te volves prometer a ti mesmo que loitarás porque o mundo sexa un lugar mellor... E é entón cando comezas a sentirte un pouquechiño máis ceibo... E é entón cando prometes ver como a vida tamén te mostra bos momentos... como aquela vez cando eras un cativo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario