-¡XAN!! ¿Non me oes? ¡Como se che ocorra facelo vas saber quen son eu! Deixa que logo... -berraba a tía polo rapaz. -¡Baixa desa condenada! ¡Mala a hora na que teu padriño che arranxou a dichosa bicicleta! ¡Vas caer, Xan, vas caer!
Pero nada, Xan como se oira chover. Alí estaba, no alto da costa, montado enriba da bicicleta, disposto a baixar como tantas outras veces fixera xa durante toda a mañá. Súa nai seguía a berrarlle, coas mans en alto.
-Este demo de rapaz... Un día vainos dar un disgusto. Pero mire o que lle digo, miña nai, ese día aínda ha de levar por enriba. ¡E Moncho vaime escoitar cando chegue! Doulle ós dous o demo que facer...
E velaí volvía o meu curmán a baixar a costa a toda velocidade, como se fose un lóstrego. Chamabame a atención a súa expresión de concentración: os ollos abertos como pratos, os beizos oprimidos e as mans agarrando fortemente o manillar da dichosa bicicleta. Tiña oito aniños, aínda que semellaba ter menos. Entre que era mal comedor e entre que tiña o formigueiro no cú todo o día pois...
-¡Mamá, que non me pasa nada! ¿Ves? Xa baixei a costa outra vez, é unha pasada. Deberías probar -espetáballe o rapaz á súa nai, facéndoa rabiar aínda máis. - É o mellor regalo que me puido facer o padriño. E despois pregúntanme os amigos se non me aburro na aldea. ¡Se a aldea é o mellor que hai! ¿Cando vimos vivir para aquí, mamá?
-Érache o que nos faltaba -murmuraba a tía.
A avoa ría a gargalladas coas ocorrencias do neto, gozaba vendo o neno desfrutar tanto. Eu, namentres, xogaba co meu irmán, que adobecía por acompañar a Xan nas súas aventuras. Pero era aínda moi pequecho para semellantes menesteres.
-¡Oe, Carliños!Ti non te preocupes, que cando volva o padriño ben lle pido que nos faga un remolque e así xa baixas comigo a costa. ¡Qué ben o imos pasar! ¡Qué ben o imos pasar! -dicíalle Xan ó meu irmán, mentres pasaba a man pola fronte. -¡Vai un calor!
Meu irmán asentía todo ilusionado e esperaba ansioso a que papá, o padriño de Xan, chegase para comezar xa a construir o remolque que o faría divertirse tanto como se estaba divertindo o curmán.

No hay comentarios:
Publicar un comentario