Oes, ti?! Que fas aí?? Non che dixen que estaba freghado, Ana? Vaia ho!! Que unha non pode xoghar a partida tranquila! Esperade un chisco, si? Vou ver que quere este demo de rapasa.
A ver, ti non andabas na praia coa tía? Que queres merendar? Pero rula, xa merendaches hai un anaco! Despois choras que Ghrabiel che canta seghido “Ana come pan, Ana come pan”. Que mamá che daba de merendar as veses que querías! Vaia ho! Pero é que só se pode merendar unha ves, nena!
Veña, a ver, logho! Pero saborea ben o bocadillo que a partir de hoxe xa non hai sinco ou seis merendas ao día, eh! Na casa da avoa só se merenda unha ves, vale? Está ben, volve para a praia, e cálsate que aínda vas amolar un pé cun cristal!!
Sighamos! A vós parésevos normal? Disque súa nai lle dá as veses que quere de merendar... Así está!! Como no lle poñan un control, esta rapasa vai acabar mal, díghovolo eu! Pon o muíño e non para... E veña a rillar e a rillar!
Todo o que come esta rapasa é o que lle falta ó gharabito de Ghrabiel. Ai, mimadriña! Non ten nunca parada! Aínda menos mal que lle dou por marchar co avó! Non se despegha de nós. Hoxe non quixo quedar á partida porque disque lle dás moitos bicos, Eulalia! E que él xa é un home e non está para tantos bicos. Así mesmiño mo dixo! Que cando te cansaras de dárlle bicos xa volvería a xoghar a partida! Ser, éche tremendo! O que non discurra el... Tiñadelo que ver coa cana de pescar e coa ghorra. E non vai e me di: “Prepara esa cosiña, avoa, que vouche traer unha lura para senar que nos imos chupar os dedos!” Eu escacho a rir coas súas feituras...
Tes rasón ti, Socorro! Que é moi cariñoso e moi bo rapasiño! Non ho! Nada que ver co toxo do ghrande! Desde que cheghou enserrado está na habitasión fuchicando en todo cachibache canto trouxo. Xa lle dixen ó pai que a fatura da lus a ía paghar el! Eu entendo que non lle ghuste vir aquí porque non ten amighos, pero é que non os ten porque non sae da casa! Que digho da casa, da habitasión!! Aínda menos mal que resultou ser un rapas ordenado, que ten o cuarto ben limpo! Pero é que tanto tempo diante desa pantalla non ten que ser bo! E despois dálle tanta vos ós chintófonos eses... disque é música! Esta mosedá chámalle música a calquer cousa, che!
E como o vou botar para fora, Eulalia? O probe xa ven a disghusto e aínda por enriba o vou amarghar eu máis! Déixao que fagha o que queira... Que eu xa lle dixen que podía traer consigho a quen quixera, que a casa é ghrande e que un máis non é nada. E xa paresía que o rapas ata tiña ghanas de vir, pero seus pais erre que erre que nada de traer a ninghén! Pois aí o teñen, enserrado no cuarto coa calor que vai! Ás veses eu non entendo á miña filla, non!
Repartes ti, Socorro! A ver se ven dunha ves Remedios para empesar xa! Que tanto calentamiento, tanto calentamiento... Veredes que chegha cando veñan estes da praia. E bueno, o sábado ímoslle á Casa do Mar ó baile? Cos rapases? Cos rapases queda Carmela, díxome hoxe pola mañá. Claro, como Pepe xa marcha outra ves a non sei onde, pois preghuntoume se podía quedar unhas semanas máis, que alá disque tolea. E xa lle dixen eu: E logho... e logho ti es parva? Esta miña nora... Como non vai poder quedar aquí? Para min aínda é un alivio que estea por aquí, que co xeitosa que é sempre me está axudando en todo canto pode. Xa pode estar felis o meu Pepe, que unha rapasa como ela non a hai no mundo enteiro, non. E despois véla tan apañada co cativo, que se a vedes non pensades que é nai primeirisa! Tamén é verdá que o cativo é boiño de todo, pero xa quere faser como Ghrabiel!
Selos? Nada de nada, nin un chisco... E mira que estaban todos preocupados, pero Ghrabiel quérelle ben. Que ata lle dixo á nai que el quería tamén un neno pequecho na casa. Pero non creo que que lle vaia caer esa breva ó rapas! É que catro xa serían moitos, disque. Xa lle dixen eu que moitos eran dose e nos tempos de antes. Que aghora o único que teñen é visio. Se pasaran a fame que pasaron outros ían ver!
Remedios!! Non era sen tempo que chegharas!! Xa pensabamos que morreras! Non sei como fas, pero sempre es a última en cheghar! Arre demo!! Netos tamén os teño eu e sempre son puntual. Non me amoles, Remediños! E empesemos dunha ves a partida, que logho veñen estes das praia e despois non dámos feito!
Preghuntáballe eu a elas se o sábado imos ir á Casa do Mar... Bueno, logho! Éche unha pena que desta ves non poidas vir. É que disque traen un ghrupo ben xeitoso para amenisar o baile. Pero se che ven a rapasa de América pois terás que quedar. Ainda que, mira: se queres dígholle eu ó meu neto que vaia dar unha volta con ela. Que total, está na casa todo o tempo enserrado e non ten máis que faser. E así el sae un pouco e a túa neta fai un amigho co que pasar estes días que vai estar aquí. A ver se xuntos se lles dá por relasionarse máis co resto da rapasada, que a min xa me empesa a preocupar.
Tranquila, muller! Que molestia vai ser! Para que vexas, vouno chamar aghora mesmiño
para que che digha se vai quedar coa rapasa ou non.
Braisiñoooo, rapaaas!! Baixa un momento á terrasa!! É un minuto, nada máis!! Faime o favore, homiño!! Así me ghusta! A ver, o sábado á noitiña chegha Amanda, a neta de Remedios. E disía eu que ben podiades ir dar unha volta xuntos. Que non che apetese? Vaia... Pois non era mala idea, neno!! Non ves que tanto tempo enserrado na habitasión non é bo?? E seghuro que a Amanda tamén lle ghusta a música que oes ti. Vas buscala, ides tomar algho e despois vindes senar e xa lle ensinas a música. E se despois non che cae ben, que non o creo porque éche moi boa rapasa, pois xa non volvedes quedar! A ver, non ves que se non Remedios non quer ir ó baile?? Por unha ves que podemos ir todas xuntas... Faino ainda que sexa porque cho pido eu, Braisiño! E mira, que non lle disimos nada a teus pais, pero no fin de semana da festa da xuventude traes ti os amighos que queiras, si? Trato feito, logho?? Pois veña... xa podes volver para a habitasión! Que boiño, me es, rapas!
Ves como non hai ninghún problema, Remedios? Xa cho dixen eu! Así que o sábado ímonos ó baile, non se fale máis! Avisade ós homes, que vai haber festa rachada! Vaia, Socorro!! Hoxe estás inspirada... Estas non ghanan nada esta tarde, eh!! Botámoslle outra brisca logho? A ver se nos dá tempo.
Tócame repartir! Xa veñen por alí Ghrabiel e meu home, pero que esperen un chisco! Aínda é sedo para faser a sena. E tampouco sei que lles vou faser aínda... Porque vai unha calor que calquer cousa se fai pesada! Ben puiden faser unha empanada pola mañá e xa estaba todo listo... Aghora non, ho!! Que entre unha cousa e outra xa nos dá a madrughada! E ainda queriamos ir dar un paseiño pola ribeira. Ah!Claro, podedes vir, como non? Se souberades como dá a vida a aghua fresquiña nas pernas... Para as varises é a chave, si. Velaí cheghan estes dous.
Caramba, Ghrabiel!! Trouxeches ben de luras, eh! Estás feito todo un profesional! Si, xa di o avó que te portaches ben! Así me ghusta, meu neniño!! Comémolas mellor mañá, non si? Que aghora queres ovos frixidos con patacas? Pois ovos frixidos con patacas para ti! Si, homiño, si!
Remata ti esta partida, mentres eu vou lavar as luras!
Ramón! E se vas chamar por eles á praia? Porque xa se aserca a hora de senar, e aínda teñen que ducharse e todo. E a que non sabes o que? Parese que Brais o sábado vai sair por fin da casa! Medio fixen un trato con el, haille que dar confiansa, que se non xa sabes que non nos volve pisar a casa. O trato? Non é nada, que para a festa da xuventude pode traer un ou dous amighos. E non che vai pareser ben? Home, é que se nós non poñemos da nosa parte... Si, ho! Que ademais, ese fin de semana van durmir todos nas tendas de campaña á praia! Ben sei eu que á nosa filla se lle subiron os fumes, que parese que ela nunca foi mosa! E logho, nós non lle disimos nada ós pais e listo! Pois veña, vai indo a buscar ós da praia, vai...
Xa acabastes a partida? E quen ghanou? Como tiña que ser! Hoxe non fixéstedes nadiña, eh!! A ver se mañá tendes máis sorte... Si, a mesma hora de sempre! E se queredes vir sobre as onse e media ata a ribeira xa sabedes, pasades por aquí a esa hora e xa imos todos xuntos. Así tamén comentamos o do baile! Que vou ser pesada, Socorro?? Nin que ti non tiveras ghanas, ho??!! Bueno, logho... Vémonos despois! Ala, Ghrabieliño dálles un bico! Que hoxe non deches ningún! Que si, que só lles das un!

