jueves, 25 de febrero de 2010

MicroRelato Mary...

O teu puto ordenador estame dando unha dor de cabeza tan grande como cando non deixo de probar as colonias na perfumería... Tan grande que me fastidia máis que a pobreza mundial e os desenganos que me levei con algunhas persoas... Tan grande como cando papá me anda a tolear coa roupa, ou como cando me din que eu non entendo de amor... Mira se a dor de cabeza é grande que está poñendo en perigo a nosa amizade.


(Palabras elexidas: dor, amizade, amor, desenganos, eu, roupa, colonias, o teu puto ordenador, pobreza, azul, papá)


No hay comentarios: